Monday 06 de May de 2024

O Concello realizará unha intervención para mellorar o parque de cans de Belvís


O concelleiro de Dereitos dos Animais e Parques e Xardíns, Xesús Domínguez, mantivo un encontro con persoas usuarias do parque de Belvís e avanzou que o Concello realizará unha actuación para mellorar o estado en que se encontra este espazo.

En concreto, esta intervención municipal dotará de iluminación pública máis eficiente e acorde ás necesidades deste espazo verde, ademais de facer un peche do recinto do parque de cans cunha cancela para evitar que poida saír algún animal e da instalación dun valado, como reclaman.

O plan de mellora previsto inclúe tamén a disposición dunha fonte de auga e de novos bancos, que se integren no mobiliario urbano do parque, co obxectivo de facilitar o paseo de cans para que poidan ter maiores comodidades e seguranza.